Evento: Festa Fin de Curso


Fechas : 14/06/13 10:00

ASOCIACION NAIS E PAIS ALUMNOS SOBREIRA
 
CEIP SOBREIRA
CIF:G-36789030
Estrada da Escola da Sobreira, 89 – Valadares – 36315 VIGO
Telf.: 986 465 153 – www.anpasobreira.com


Queridas familias:
 
Dende a ANPA querémosvos agradecer a todos os socios/as a vosa colaboración, porque grazas a ela puidemos repartir castañas e zumes na Festa do Magosto, traer a Papá Noel a repartir agasallos e caramelos no Nadal, chocolate con churros na Festa do Entroido, axudar ao Colexio na contratación de un Contacontos na Semana das Letras Galegas, subvencionar as saídas dos socios  no 1º e 2º trimestre, mercar un ordenador seminovo para informática e colaborar ca Excursión de Fin de Curso facendo o sorteo da tablet.
 
O vindeiro Venres 14, en horario de mañá, faremos unha Festa de Fin de Curso para os nenos, na que haberá inchables, xogos populares, circuito de cocheciños, obradoiro de maquillaxe (se algún neno ten problemas de alerxia, que o notifique ao tutor), repartiremos un xeado a cada neno e para rematar, sempre que o tempo o permita, a festa da espuma. Para esta última teredes que mandarlle roupa axeitada para mollar (traxe de baño, camiseta, calzado…) e unha  toalla.
 
Asimesmo a todos os non socios, como en anteriores ocasións, pedímosvos unha aportación de 5€ para os gastos da festa. Lembrámosvos que ca pequena cantidade de 15€ anuais, fanse moitas cousas, polo que vos animamos a pagar a cuota de socio para o vindeiro curso 2013/14.
 
         Aproveitamos a ocasión para agradecerlle a Comunidade de Montes de Zamáns e a Novagalicia Banco a súa pequena aportación para a Festa.
 
Un saúdo.

 

Ir a la lista de eventos

 


Preocupados por nuestros hijos

Búsquedas frecuentes:

sorteo  tablet  1  Comedor  TENIS  Piscina  Taekwondo  Actividades  matinal  Horarios